Laura Moure

19 de jul de 20211 min.

A igrexa parroquial de San Miguel de Monterroso acollerá o día 24 un concerto de Abraham Cupeiro

Xa se poden facer as reservas

Laura Moure/A Ulloa

A localidade de Monterroso acollerá o 24 de xullo o concerto Resoando no Camiño. O compositor, construtor e multiinstrumentalista internacional Abraham Cupeiro achégase a Monterroso para o seu primeiro concerto a través da Mancomunidade do Camiño Francés para potencializar internacionalmente o principal camiño a Santiago, o Camiño Francés. Esta iniciativa tamén se levará a cabo noutros municipios como Arzúa ou Palas de Rei.

Como novidade o concerto será na igrexa parroquial de San Miguel ás 20:00 horas.

A reserva de entradas poderase facer presencialmente esta semana nas dependencias do Concello ou chamando o teléfono 982 377 001.

    4