ecosdacomarca
11 de ago de 20221 min.
Ecos da Comarca/Deza
Esta fin de semana pasada a corredora do GTR Galaico trail Run Tamara García Reina logrou un primeiro posto na proba disputada en Ourense ( Bande), o desafío Iter Querquennae na distancia longa de 27'500 quilómetros.
"Proba que trascurre por carón da Coba da Moura e sendeiros á beira do río Cadós. Unha proba na que a corredora disfrutou de principio a fin", indica o clube.
Por outra banda, en terras do concello de Saviñao Manuel Adán Reina participou na carreira popular "marcando o magnífico estado de forma no que está a rematar esta tempada".