Laura Moure

abr 261 min.

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda lanza a campaña 'Un Raio de Sol. Edición 2024'

Entregará oito lotes de agasallos

Laura Moure/Silleda

Este xoves arrancou a segunda edición da campaña da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) "Un Raio de Sol" Edición 2024. Será ata o 19 de maio. Con cada compra en establecementos asociados ECOS, a clientela recibirá unha rifa que debe cubrir co seu nome e teléfono de contacto en depositar na urna habilitada en cada local para esta campaña.

A presidenta da asociación Silvia López.

O sorteo terá lugar o día 22 de maio ás 20:30 horas en directo desde as redes sociais da asociación, como xa ven sendo habitual, e a entrega de agasallos será o 23 de maio. Con esta campaña a asociación tenta cubrir o período de compras que se dan con motivo do Día da Nai e tamén animan a que a xente aproveite a campaña e faga as suas compras con miras ás vacacións de verán, sempre mercando no comercio local co aliciente extra que supoñen os agasallos desta campaña que este ano son os seguintes:

Publicidade

  • Lote 1 - Experiencia en Remanso de Trasfontao + vale 50 euros en hostalaría ECOS.

  • Lote 2 - Lentes de sol + unha planta.

  • Lote 3 - Pack coidado facial + unha planta.

  • Lote 4 - Colchoneta de praia ou piscina + un libro.

  • Lote 5 - Set de Piscina (gorro, gafas e chanclas) + un libro.

  • Lote 6 - Silla de praia + un libro.

  • Lote 7 - Un termo + un churro de piscina.

  • Lote 8 - Set de xardinería (inclúe sementes).

    0