Laura Moure

27 de oct de 20211 min.

A artista arzuá MJ. Pérez gaña na categoría de Canción de autor nos Premios Martín Códax da Música

Laura Moure/Arzúa

Este mércores celebrouse a VIII edición dos Premios Martín Códax da Música e a artista arzuá MJ Pérez foi a gañadora na categoría de Canción de autor/a.

MJ Pérez. Fonte: Cultura Concello de Arzúa.

Estes premios están promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo que nacen co obxectivo de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego. A convocatoria estaba dirixida a todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo no ano 2021.

A arzuá competía nesta categoría con Gustavo Almeida e Tomás Porteiro.

Os interesados podedes obter máis información na web destes premios:

http://premiosmartincodaxdamusica.gal/

Cabe mencionar que no pasado mes de marzo ECOS DA COMARCA conversou con MJ Perez. Podedes ler a entrevista no seguinte enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/cantar-en-galego-%C3%A9-un-elemento-m%C3%A1is-distintivo-e-iso-moitas-veces-%C3%A9-unha-riqueza?fbclid=IwAR2v_AYJY5I7ATvL3l7aO2U1m-2Mq5R5t8RX0XzOb7gO1jQvynzcbO1dkq4

    6